Década de 860
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século IX | |||||
| |||||
|
860
- Artigo principal: 860.
- Os varegos, seguindo a curso do río Dnieper, atinxen Bizancio, e atácana, sendo rexeitados.
861
- Artigo principal: 861.
Oriente Próximo
- 11 de decembro : Asasinato do califa abasida Al-Mutawakkil, nun complot no que está compinchado o seu fillo Al-Muntasir, que pasa a ocupar a dirección do califato (até 862).
Europa
- Os viquingos devastan a cidade de Winchester (Essex, Inglaterra).
- Froila, conde de Lugo.
- Os bizantinos reconquistan Creta dos árabes.
862
- Artigo principal: 862.
- O rei de Galiza Afonso III outorga ao bispado de Santiago o señorío do territorio comprendido nun radio de seis millas arredor da igrexa apostólica.[1]
- Primeira incursión maxiar (antecesores dos húngaros) sobre países xermánicos (Anais de Saint-Bertin); estabelecidos en Etel Köz, preto do río Don, aventúranse até o territorio dominado polos francos.
- Comezo do reinado de Rurik, primeiro príncipe de Novgorod, nos arredores do lago Ilmen (até 879).
863
- Artigo principal: 863.
864
- Artigo principal: 864.
- Os normandos obrigan ao rei Carlos II o Calvo a pagarlles tributo.
- A cidade aquitana de Tolosa resiste un ataque dos viquingos.
865
- Artigo principal: 865.
Asia
Europa
- * 2 de febreiro - Batalla de Morcuera: preto da actual Miranda de Ebro, os musulmáns dirixidos por Mohamed I de Córdoba derrotan as tropas de Ordoño I.
- Boris I, rei dos búlgaros convértese ao cristianismo. O clero búlgaro fica suxeito ao patriarca de Bizancio.
- Ethelred sobe ao trono de Wessex (ou 866).
- O noruegués Gunnbjorn descobre Islandia.
866
- Artigo principal: 866.
Europa
- 27 de maio - Inicia o seu reinado Afonso III de Asturias, dito o Magno, asociado xa como monarca con seu pai, Ordoño I, desde 862 (até 909).
- O conde galego Hermenexildo Pérez disputa o trono a Afonso III. Derrotado, os seus bens son confiscados e doados á diocese compostelá.
- Desfeita dunha frota islámica, mandada por Abdel-Hamid ben Ganim, na foz do río Miño.
- Invasión danesa de Inglaterra, que tenta combater Aethelred (Ethelred), rei de Wessex (até 871).
- Os daneses conquistan pouco a pouco Inglaterra tomando como base Londres e o río Támese.
- 1 de novembro : os daneses toman York, que será a capital do reino viquingo de York durante un século (até 954).
- En dous anos os daneses ocupan Northumbria (866-867). Osberhth e Aelle, reis locais, son matados (867).
Oriente Próximo
- Comezo do goberno do califa Muhammad Al-Mutaz (até 869).
867
- Artigo principal: 867.
Asia
- Yaqûb bin Layth as-Saffar (o « caldeireiro ») apodérase de Sistan, toma Shiraz e Fars e funda a dinastía dos Safaridas (867-909) en Afganistán.
Mediterráneo Oriental
- Novembro - Basilio I accede ao trono imperial bizantino (até 886), fundando a dinastía Macedonia.
Europa
- 14 de decembro - Hadrián II é o novo papa, sucedendo a Nicolao I (até 872).
Relixión
- Cisma na Igrexa, ao separarse o patriarca bizantino, Focio, de Roma, a causa do proceso emprendido contra el, polo que é deposto, ocupando a cadeira patriarcal Ignacio.
868
- Artigo principal: 868.
- 11 de maio: en Chinesa, Wang Jie imprime o Sutra do diamante (texto budista), traducido do idioma sánscrito. Considérase o primeiro libro impreso que chegou á actualidade.[2]
- En Malta, os musulmáns aglabíes aprópianse da illa, converténdose en donos do Mediterráneo occidental.
869
- Artigo principal: 869.
- Al-Muhtadi tórnase o 14º califa de Bagdad (até 870).
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1899). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela 2. p. 153.
- ↑ Coll, Juan Carlos (2007): «La invención y evolución del dinero en China», artículo en la revista Observatorio de la Economía y la Sociedad China, 4; 2007. Consultado o 15 de agosto de 2010.